Rutas en Kaiak:

As rutas en kaiak é unha actividade desenvolvida por Cabanas KDM Ocio Activo, en colaboración co Concello de Cabanas, ofrecendo servizos para o lecer e o tempo libre, relacionados coa contorna natural do municipio de Cabanas.

  • Rutas en Kaiak polo río Eume, e Rías de Ares, Betanzos e Ferrol.
  • Rutas guiadas de sendeirismo polas Fragas do Eume.
  • Alquiler de Kaiaks autovaciables e Kaiaks de Mar.
  • Campamentos de verán no piñeiral da praia da  Magdalena(Cabanas).

No piñeiral da Magdalena, enclave privilexiado a pé de praia, parten todas as actividades programadas: Rutas en Kaiak, Sendeirismo, Xogos na Praia, etc.

A cada participante faráselle entrega dunha embarcación atendendo ás súas características físicas e experiencia. A organización conta cunha ampla variedade de embarcacións (inmergullables e autobaleirables), ideais para excursións en grupo, para as que non é preciso contar con ningunha experiencia previa, kaiaks de mar tradicionais e sprint, para persoas que posúan unha maior experiencia.

No es necesario contar con ninguna experiencia. Pueden participar personas de cualquier edad, niños y adultos.

Aos participantes equipararáselles, ademais da correspondente piragua, con chaleco salvavidas e outros medios de seguridade. Toda actividade estará sempre supervisada polos monitores, e contará cunha embarcación de apoio a motor.

Dentro dos tipos de actividades que se poden realizar destacamos:

  • Rutas en kaiak polo Río Eume e a Ría de Ares, con ou sen comida en chiringuito a pé de praia.
  • Rutas combinadas kaiak/sendeirismo pola la Ría de Ares, con ou sen comida en chiringuito a pé de praia.
  • Rutas combinadas kaiak/sendeirismo pola Fraga do Eume, con ou sen comida en chiringuito a pé de praia.
  • Campamento de verán en Pinar da Magdalena (Cabanas) combinando Kaiak, rutas de sendeirismo e xogos na praia.

Alquiler de Kayaks:

Dentro da ampla variedade de embarcacións coas que conta a organización pódese destacar a modo de exemplo kaiaks inmergullables e autobaleirables, aptos para calquera persoa con ou sen experiencia previa, Kaiaks para uso lúdico e polivalente, de paseo, para surfear, para augas tranquilas, para rápidos, mar, río ou lago.

Están equipados con repousapés e asento ergonómico. A forma da quilla fai que sexan moi fáciles de manexar.

Xunto co kaiak, faise entrega de todos os elementos auxiliares e de seguridade necesarios: Pa,chaleco salvavidas, et

K2 Rotomod:
Kaiak biplaza moi confortable e estable. Non require experiencia. Ideal para rutas de carácter lúdico. Moi polivalente tanto para río como para mar.

K1 Avedifree:
Kaiak de mar tradicional monopraza confortable, estable e rápido. Require unha mínima experiencia. Ideal para
competición e travesías, moi polivalente tanto para río como para mar. Equipado con temón e repousapés regulables para adaptar o barco á estatura do usuario.K1Murano:
Kaiak de mar tradicional monopraza robusto, confortable, estable e rápido, non esixe experiencia, excelente para expedicións e travesías tanto en río
como en mar, con temón e repousapés regulables para adaptar o barco á estatura do usuario

K1 Sea Vortex:
Kaiak de mar SRF SKI, monopraza autovaciable, pensado para competición, Grandes prestacións, esixe experiencia,
con temón e repousapés para adaptar o barco ao usuario.
K2 Tsunami Evolution:
Kaiak de mar biplaza, confortable, estable e rápido, con temón, asentos regulables e repousapés para adaptar o barco á estatura dos usuarios. Deseñado para competición e travesía, require Experiencia.

K2 Katabatic:
Kaiak de mar biplaza, confortable, estable e rápido, deseñado para competición e travesía, require mínima experiencia, poseé temón, asentos regulables e repousapés para adaptar o barco á estatura dos usuarios.
K2Svalbard:
Kaiak de mar biplaza, confortable, estable e rápido, deseñado para expedición e travesía, moi bo comportamento en
todas as situacións, non require experiencia con temón e  repousapés para adaptar o barco á estatura dos usuarios.
K2 BigSeaKaiak de mar biplaza, excelente confort e estabilidade, deseñado para expedición e travesía, moi bo comportamento en toda situación, non require experiencia,
con temón e repousapés para adaptar o barco aos usuarios.

Start typing and press Enter to search

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies