Rutas en Barco: Anduriño.

A embarcación Anduriño, propiedade do Concello de Cabanas foi construída polo Centro de Formación A Aixola de Marín, está fundamentada no deseño dunha embarcación tradicional de pesca artesanal utilizable en augas baixas e rochosas. As súas medidas son: unha eslora de 7,30 metros e 2,72 metros de manga. Conta ademais cun motor para a súa propulsión.

Ten presente sempre os seguintes consellos, que axudasen a obter un maior goce, desta experiencia inesquecible:

  • Ao subir e baixar da embarcación, extrema a precaución. Pide axuda se ves que é necesario.
  • Durante a navegación, permanece no teu asento.
  • Trae as bebidas e alimentos que poidas necesitar. Deberás levar contigo os residuos.
  • Mellor se traes un sombreiro, botas e crema solar.
  • Trae calzado cómodo, e mesmo un chuvasqueiro se ves que pode cambiar o tempo.
  • Se falas en voz baixa terás máis oportunidades de observar a fauna
  • Se traes uns anteollos e á cámara desfrutarás máis da túa visita..

Percorrido:

O percorrido polo Esteiro ofrece unha gran variedade de visitas que deleitaran aos amantes da naturaleza e a fotografía. A oportunidade de facer unha visita guiada dende unha embarcación permitirá vivir unha experiencia única, un complemento indispensable para o mellor coñecemento da comarca.
O anduriño posibilítanos, gozar desde unha perspectiva diferente dunha das paraxes máis impresionantes e belas da nosa natureza, e pór en valor gran parte da nosa ampla e rica historia, que a modo de exemplo o seguinte mapa resume nunhas breves pinceladas:

(pica en cada número para ver a lenda correspondente).


Os puntos no mapa están ordeados no senso da marcha e cada un conten unha lenda autoexplicativa, se o prefires podes botarrle un ollo ao  seguinte pdf, descargalo ou imprimirlo:

Start typing and press Enter to search

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies