Historia de Cabanas

“Antes da aparición dos actuais concellos, os territorios que hoxe forma o de Cabanas pertenceron a xurisdicións distintas.

Por privilexio de Fernando II (1238), a freguesía de S. Esteban de Eirís, dentro da que estaba a vila de Cabanas, pasa a formar parte do coto de Caaveiro, na xurisdición, á que tamén pertencían Soaserra e Salto, chegaba ata o medio da ponte. Este privilexio, que Caaveiro buscou con afán, conseguiuno o prior Martín Rodríguez.

S. Vicente de Regoela, que formaba un pequeno coto redondo, pertenceu, desde 1117 ou pouco antes, ao mosteiro de S. Martiño de Xubia. Foi unha doazón de Alfonso VII polos mesmos anos que delimitaba o coto de Caaveiro. Os monxes de Xubia o aforaron a Alonso de Parga, pasando o foro aos seus descendentes.

O coto de S. Martiño de Porto, onde do mesmo xeito que en Eirís os Froiláz-Pérez tiñan importantes posesións, xa que desde 1156 pertencía á catedral de Mondoñedo, seguramente por doazón da citada familia, e finalmente arrendado aos Andrade.

O coto de S. Vicente de Caamouco, onde houbo un antigo mosteiro e onde no século XII os Froiláz-Pérez tiveron casa de asento, pertencía á catedral de Santiago. E no outro extremo da península de Bezoucos, a freguesía de Mugardos é doada por Fernán Pérez ao mosteiro de Santa Catalina de Montefaro.

É por iso que cando en 1270 aparece o alfoz de Pontedeume soamente Laraxe pasa a formar parte del.

Cabanas comezou sendo unha vila no sentido que se dá a este termo na alta Idade Media, aparecendo segundo documentación de que dispoñemos, tardíamente con respecto ás outras freguesías que formarán o Concello, xa existentes como tales a principios do século XII e como vilas no século anterior. En 1226 posúe un lugar poboado ou aldea, preto da cal se funda a ermida de S. Andrés, de quen nos di “Jerónimo de Hoyo” que pertencía á freguesía de S. Estevo de Eirís, que tiña 46 fregueses. Elixida polos priores de Caaveiro como lugar de asento, antes do século XVI converteuse en freguesía, pasando a ser S. Estevo de Eirís o seu aneja.”

Referencia bibliográfica: páxina 52 da publicación De Castro, C.; García, A. 2012: Pontedeume, Cabanas y Comarca, Editorial Espino Albar: Pontedeume.

Start typing and press Enter to search

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies