Cargando Eventos
Find Eventos

Event Views Navigation

Eventos pasados

Eventos Navegación de Lista

Novembro 2017

Degustación de produtos de outono e baile con música en directo para celebrar este venres o Magosto en Cabanas

Novembro 3, 2017
3€

Cabanas celebra este venres, 3 de novembro, o Magosto. E, como cada ano, o Concello invita á veciñanza a sumarse á festa. Nesta ocasión, terá lugar en Lavandeira, coa colaboración da SCRD O Loureiro e Cabanas Rural Asociación de Mulleres. O local social será o escenario elixido para a cita, que comezará ás oito da tarde e incluirá unha degustación de produtos de outono e actuación musical. Pensada para nenos e maiores, a festa arrancará coa degustación de liscos con…

Para saber más »

O Concello de Cabanas difunde as súas rutas de sendeirismo e recursos naturais a través de novos paneis informativos

Novembro 23, 2017
Cabanas, Cabanas
Cabanas, A Coruña 15621 España
+ Google Map

No marco do proxecto de promoción turística Cabanas: A Fraga Feita Mar, o Concello vén de dotar ó municipio de novos paneis con cumprida información sobre as rutas de sendeirismo e os principais recursos naturais incluídos nelas. Uns paneis que se instalaron na contorna da praia e piñeiral da Madalena (4), na Oficina Municipal de Turismo (6), na Área Recreativa da Veiga (2) e entrada da casa consistorial (4). Nos mesmos, o Concello investiu 49.912,50 euros, orzamento no que tamén…

Para saber más »

O Concello convoca á veciñanza á I Andaina contra a Violencia de Xénero

Novembro 25, 2017

O Concello de Cabanas conmemorará o vindeiro 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, cunha Andaina reivindicativa popular. Celebrarase este sábado, coincidindo coa data, e o punto de partida será a Oficina Municipal de Turismo. De aí, as persoas participantes partirán ás 10 horas nun itinerario que discurrirá pola contorna do piñeiral da Madalena. Ademais de animar á participación, o Concello convida a veciñas e veciños a lucir vestimenta de cor lila para visibilizar a súa repulsa…

Para saber más »
Decembro 2017

O Concello anima a converterse en “mecenas” do piñeiral de Cabanas

Decembro 20, 2017
40€

O Concello de Cabanas impulsará no primeiro trimestre de ano unha plantación no piñeiral da Madalena. E neste contexto invita a veciños e visitantes dun espazo convertido en sinal de identidade do municipio, a sumarse á iniciativa “apadriñando” un dos exemplares. Converterse no seu protector implicará tamén, se é desexo do “mecenas”, participar dos seus coidados iniciais, polo que o Concello informará das primeiras regas coas que favorecer o agarre e crecemento das árbores. A aportación proposta é de 42…

Para saber más »
Xaneiro 2018

Conclúe a instalación da nova pasarela peonil no piñeiral da Madalena

O Concello de Cabanas informou esta mañá do remate dos traballos de instalación da nova pasarela peonil no piñeiral da Madalena. Unha infraestrutura que substitúe á anterior, moi deteriorada polo seu uso e ubicación. Os traballos correron por conta da Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Así mesmo, a intervención tamén incluíu a colocación dun cubrecolector, dous paneis divulgativos sobre a separación de residuos e outros dous indicativos.

Para saber más »

O Concello retoma o calendario de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o municipio

Xaneiro 27
Cabanas, Cabanas
Cabanas, A Coruña 15621 España
+ Google Map

O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Deportes, retoma o calendario de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o rico patrimonio natural do municipio. A primeira celebrarase o sábado 27 de xaneiro e, a partir de entón, programaranse cunha periodicidade mensual –os últimos sábados de cada mes-. A proposta para xaneiro contempla unha ruta de algo máis de nove quilómetros entre a casa consistorial e o Marco do Salto. Cunha duración estimada de dúas horas e cincuenta…

Para saber más »

Clubes de toda Galicia tomarán parte na Regata Amigable de Inverno de Cabanas

Xaneiro 28
Cabanas, Cabanas
Cabanas, A Coruña 15621 España
+ Google Map

O Concello de Cabanas albergará o domingo 28 de xaneiro a cuarta edición da súa Regata Amigable de Inverno. Unha cita que no 2017 reuniu a máis de 500 palistas procedentes de toda Galicia e a numeroso público disposto a disfrutar da competición e da contorna. Organizada polo Concello coa colaboración do Club Cabanas KDM-Norinver e a Federación Galega de Piragüismo, o prazo de inscrición permanecerá aberto na páxina web da Federación ata este domingo, día 21, ás 24 horas.…

Para saber más »
Febreiro 2018

O piñeiral de Cabanas albergará este sábado a XXXII edición do Campionato de Galicia de Campo a Través Máster

O contorno do piñeiral da Madalena de Cabanas é o escenario elixido pola Federación Galega de Atletismo para albergar a XXXII edición do Campionato de Galicia de Campo a Través Máster. Unha cita na que tomarán parte atletas de 35 anos en adiante, sen límite, e que se celebrará este sábado, 10 de febreiro, pola tarde. Este evento deportivo está organizado pola Federación Galega de Atletismo e nel colabora activamente o Concello, a través da Concellería de Deportes, e a…

Para saber más »

Cabanas celebrará o Entroido con dúas festas para nenos e maiores

O Concello de Cabanas celebrará o Entroido por todo o alto no local da Asociación de Veciños de San Martiño do Porto. Será o luns 12 de febreiro e o programa inclúe sesión de tarde para os máis pequenos da casa e de tarde-noite para o público adulto. Deste xeito, a festa infantil dará comezo ás cinco da tarde, con entrada libre e gratuíta. Iso si, o requisito é ir disfrazado e cargado de moitas ganas de pasalo ben. O…

Para saber más »
Marzo 2018

O Concello abre o prazo de inscrición no Xantar Solidario do Día da Muller

15€

O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, promove unha nova edición do Xantar Solidario de Cabanas coincidindo co Día da Muller Traballadora. Celebrarase o 11 de marzo, no local da SCRD San Mamede de Laraxe, e as persoas interesadas en tomar parte xa poden facer a súa reserva chamando ós teléfonos 981 49 59 59 e 676 857 909 ou anotándose na casa consistorial. O prezo é de 15 euros e o prato principal será o cocido. Así…

Para saber más »
+ Exportar Eventos

Start typing and press Enter to search

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies