Cargando Eventos
Find Eventos

Event Views Navigation

Eventos pasados › Otros

Eventos Navegación de Lista

Setembro 2017

As Escolas Municipais Culturais, Deportivas e de Música ofrecen 38 actividades para nenos e maiores

Setembro 4, 2017
Concello de Cabanas, Rúa de Concello, 3,
Cabanas, A Coruña 15621 España
+ Google Map

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou esta mañá da apertura do prazo de inscrición nas Escolas Municipais Culturais, Deportivas e de Música para nenos e adultos. Como é habitual, neste curso, as Concellerías de Cultura e de Deportes volven ofrecer novas propostas que, de reunir un número mínimo de participantes, formarán parte xa do calendario para o curso 2017-18. En total, a programación deseñada polo Concello inclúe 38 actividades. As deportivas e culturais para as persoas adultas son: ximnasia…

Para saber más »

O Concello de Cabanas invita á cidadanía a coñecer os beneficios do coche eléctrico sobre o medio ambiente

Setembro 8, 2017 -5:00 p.m. ;8:00 p.m.
Paseo de la Magdalena, Cabanas
Cabanas, A Coruña España
+ Google Map

O Concello, a través da Concellería de Medio Ambiente, invita a coñecer as vantaxes do coche eléctrico nunhas xornadas que terán por escenario o paseo da Madalena. Celebraranse este venres 8 de setembro, entre as 17 e as 20 horas. Alí, veciños e veciñas poderán probar un dos tres vehículos que o Concello pon á súa disposición grazas á colaboración das firmas Nissan, Mercedes Benz ou BMW. Acompañados dun especialista neste tipo de turismos, veciños e veciñas poderán conducir os…

Para saber más »

Numeroso público achegouse ó paseo da Madalena para coñecer as particularidades do coche eléctrico

Setembro 9, 2017
Paseo de la Magdalena, Cabanas
Cabanas, A Coruña España
+ Google Map

Numerosos veciños e veciñas, e tamén doutros municipios da comarca, achegáronse onte á tarde ó paseo da Madalena para tomar parte na xornada sobre coches eléctricos organizada polo Concello, a través da Concellería de Medio Ambiente, e as firmas Nissan, Mercedes Benz e BMW. Foron estas as encargadas de poñer a disposición do público os vehículos para coñecer a súa condución e vantaxes sobre o medio. Para iso, dende as cinco e ata ben pasadas as oito da tarde, os…

Para saber más »

Xornadas de divulgación do proxecto turístico “A Fraga Feita Mar” dirixidas aos sectores hostelero e comercio

Setembro 20, 2017 -7:00 p.m. ;8:00 p.m.
Concello de Cabanas, Rúa de Concello, 3,
Cabanas, A Coruña 15621 España
+ Google Map

As xornadas de divulgación do proxecto estratéxico de turismo “Cabanas: A Fraga Feita Mar” continuarán mañá mércores, 20 de setembro. Nesta ocasión, o Concello informará do programa no salón de plenos da casa consistorial ó sector da hostalería, pero tamén tentará coñecer a súa opinión e recabar as súas suxestións, buscando a súa implicación directa.  Así, a xornada dará comezo ás 19 horas. “Cabanas: A Fraga Feita Mar” é un proxecto que está a desenvolver un equipo multidisciplinar da Universidade…

Para saber más »

Arrancan en Cabanas as sesións do programa Envellecemento Activo

Setembro 26, 2017 -11:00 a.m. ;12:30 p.m.

Unhas vinte persoas maiores de 65 anos do Concello de Cabanas participan dende onte no programa municipal Envellecemento Activo, co que o Concello busca crear un espazo de encontro entre o colectivo, especialmente dos residentes nas zonas máis rurais, evitando o seu illamento e favorecendo as relacións persoais e a súa participación nas actividades municipais. Envellecemento Activo celebrarase a partir de agora todos os martes de 11 a 12,30 horas no local social das Viñas e os usuarios dispoñen dun…

Para saber más »
Outubro 2017

Arranca en Laraxe o programa municipal Club+60: Encontro de Maiores

Unha veintena de veciños e veciñas maiores de 60 anos tomaba parte o pasado venres na primeira sesión do programa municipal “Club +60: Encontro de Maiores”. Un proxecto impulsado pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Cabanas que se celebrará a partir dagora todos os venres de 17 a 18,30 horas no local social da SCRD San Mamede de Laraxe. O alcalde, Germán Castrillón, acudía á primeira sesión para saudar ós participantes e destacaba a importancia deste tipo de…

Para saber más »

O Concello de Cabanas pon en marcha este mes o ciclo “Sábados Teatrais”

Outubro 14, 2017 -7:30 p.m.

O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Cultura, reedita a súa aposta polos “Sábados Teatrais”. Un ciclo que se desenvolverá durante todo o mes e que inaugurará este sábado o grupo de teatro local “Licor Café”. A partir das 19,30 horas, no salón de plenos da casa consistorial, representará a súa última peza: “Dous ligues para unha noite”, unha entretida e divertidísima comedia de Andrés Picallo Maceiras. O cartel continuará no mesmo escenario e horario o 21 de…

Para saber más »
Novembro 2017

O Concello de Cabanas difunde as súas rutas de sendeirismo e recursos naturais a través de novos paneis informativos

Novembro 23, 2017
Cabanas, Cabanas
Cabanas, A Coruña 15621 España
+ Google Map

No marco do proxecto de promoción turística Cabanas: A Fraga Feita Mar, o Concello vén de dotar ó municipio de novos paneis con cumprida información sobre as rutas de sendeirismo e os principais recursos naturais incluídos nelas. Uns paneis que se instalaron na contorna da praia e piñeiral da Madalena (4), na Oficina Municipal de Turismo (6), na Área Recreativa da Veiga (2) e entrada da casa consistorial (4). Nos mesmos, o Concello investiu 49.912,50 euros, orzamento no que tamén…

Para saber más »
Decembro 2017

O Concello anima a converterse en “mecenas” do piñeiral de Cabanas

Decembro 20, 2017
40€

O Concello de Cabanas impulsará no primeiro trimestre de ano unha plantación no piñeiral da Madalena. E neste contexto invita a veciños e visitantes dun espazo convertido en sinal de identidade do municipio, a sumarse á iniciativa “apadriñando” un dos exemplares. Converterse no seu protector implicará tamén, se é desexo do “mecenas”, participar dos seus coidados iniciais, polo que o Concello informará das primeiras regas coas que favorecer o agarre e crecemento das árbores. A aportación proposta é de 42…

Para saber más »
Xaneiro 2018

Conclúe a instalación da nova pasarela peonil no piñeiral da Madalena

O Concello de Cabanas informou esta mañá do remate dos traballos de instalación da nova pasarela peonil no piñeiral da Madalena. Unha infraestrutura que substitúe á anterior, moi deteriorada polo seu uso e ubicación. Os traballos correron por conta da Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Así mesmo, a intervención tamén incluíu a colocación dun cubrecolector, dous paneis divulgativos sobre a separación de residuos e outros dous indicativos.

Para saber más »
+ Exportar Eventos

Start typing and press Enter to search

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies