Cargando Eventos
Find Eventos

Event Views Navigation

Eventos pasados › Deportes

Eventos Navegación de Lista

Setembro 2017

O Concello de Cabanas invita á veciñanza a realizar o Camiño Inglés por etapas

Setembro 23, 2017
10€

O Concello de Cabanas invita á cidadanía a realizar durante o mes de setembro o Camiño Inglés a Compostela por etapas. O alcalde, Germán Castrillón, explicou que o Concello promove esta ruta na que poden participar nenos e maiores e avanzou que o luns, 4 de setembro, abrirase o prazo de inscrición. Cabanas será o lugar de encontro para os participantes en cada unha das etapas e, dende a súa Oficina Municipal de Turismo, ubicada no Camiño Inglés, serán trasladados…

Para saber más »

Máis de 80 persoas iniciarán este sábado o Camiño Inglés por etapas no marco do proxecto impulsado polo Concello de Cabanas

Setembro 23, 2017

Máis de 80 persoas tomarán parte na ruta por etapas a Compostela, seguindo o Camiño Inglés, que organiza o Concello de Cabanas a través das Concellerías de Deporte e de Turismo. Unha cifra que, segundo explicou o alcalde, Germán Castrillón, supera as expectativas máis optimistas, tendo como referencia as cifras de participación na edición anterior, que o Concello levou a cabo hai uns anos e na que se anotaron unhas corenta persoas. A ruta dará comezo este sábado, 23 de…

Para saber más »

Preto dun centenar de peregrinos iniciaron esta mañá o Camiño Inglés na ruta por etapas organizada polo Concello

Setembro 23, 2017

Os 96 peregrinos xa que se sumaron á ruta por etapas a Compostela seguindo o Camiño Inglés que promove o Concello de Cabanas cubriron hoxe a súa primeira etapa. Un autocar esperábaos ás 8 da mañá na Oficina Municipal de Turismo de Cabanas para trasladalos ó punto de inicio do Camiño Inglés: o peirao de Curuxeiras. Con moitas ganas e vontade comezaron a andada dispostos a percorrer os 30 quilómetros que os separaban da súa meta: Cabanas. O alcalde, Germán…

Para saber más »
Outubro 2017

Adxudicada a construción dun circuíto de motocross en Cabanas

O Concello vén de adxudicar a construción do Circuito de Motocross no municipio de Cabanas. Unhas instalacións pioneiras na comarca que aspiran a converterse en referente da zona norte de Galicia, segundo explicou o alcalde de Cabanas, Germán Castrillón. A intervención, orzamentada nuns 25.000 euros, será financiada ó 100% pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte vía convenio de colaboración. Así mesmo, o rexidor avanzou que os traballos comezarán nos próximos días. O circuito emprazarase…

Para saber más »

Os preto de cen peregrinos que realizaron o Camiño Inglés por etapas organizado polo Concello de Cabanas chegan a Compostela

Outubro 28, 2017

Tras percorrer máis de 120 quilómetros, os preto de cen peregrinos e peregrinas que se sumaban ao Camiño Inglés por etapas proposto polo Concello de Cabanas chegaban esta mañá ao seu destino: Santiago de Compostela. Alí, xunto á Catedral, inmortalizaban o momento cunha fotografía de familia. Logo asistían á Misa do Peregrino, selaban a credencial obtendo así a merecida Compostela e, para rematar a xornada, tiñan na súa axenda unha comida de confraternización nun restaurante das inmediacións da capital galega.…

Para saber más »

O campión galego Román Pérez valida o Circuito Municipal de Motocross de Cabanas

Coa moto coa que este ano se coroaba campión da Liga galega de Enduro, Román Pérez convertíase esta mañá no primeiro piloto en probar o Circuito Municipal de Motocross do Concello de Cabanas. Seguindo o espectáculo que ofreceu un dos mellores deportistas da historia de Galicia, atopábase o alcalde, Germán Castrillón; o xefe do Servizo provincial de Deportes da Secretaría Xeral de Deportes da Xunta, Roberto García, e os concelleiros de Obras, Manuel González; Educación, Esperanza Gayoso, e Servizos, Eva…

Para saber más »
Novembro 2017

O Concello convoca á veciñanza á I Andaina contra a Violencia de Xénero

Novembro 25, 2017

O Concello de Cabanas conmemorará o vindeiro 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, cunha Andaina reivindicativa popular. Celebrarase este sábado, coincidindo coa data, e o punto de partida será a Oficina Municipal de Turismo. De aí, as persoas participantes partirán ás 10 horas nun itinerario que discurrirá pola contorna do piñeiral da Madalena. Ademais de animar á participación, o Concello convida a veciñas e veciños a lucir vestimenta de cor lila para visibilizar a súa repulsa…

Para saber más »
Xaneiro 2018

O Concello retoma o calendario de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o municipio

Xaneiro 27
Cabanas, Cabanas
Cabanas, A Coruña 15621 España
+ Google Map

O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Deportes, retoma o calendario de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o rico patrimonio natural do municipio. A primeira celebrarase o sábado 27 de xaneiro e, a partir de entón, programaranse cunha periodicidade mensual –os últimos sábados de cada mes-. A proposta para xaneiro contempla unha ruta de algo máis de nove quilómetros entre a casa consistorial e o Marco do Salto. Cunha duración estimada de dúas horas e cincuenta…

Para saber más »

Clubes de toda Galicia tomarán parte na Regata Amigable de Inverno de Cabanas

Xaneiro 28
Cabanas, Cabanas
Cabanas, A Coruña 15621 España
+ Google Map

O Concello de Cabanas albergará o domingo 28 de xaneiro a cuarta edición da súa Regata Amigable de Inverno. Unha cita que no 2017 reuniu a máis de 500 palistas procedentes de toda Galicia e a numeroso público disposto a disfrutar da competición e da contorna. Organizada polo Concello coa colaboración do Club Cabanas KDM-Norinver e a Federación Galega de Piragüismo, o prazo de inscrición permanecerá aberto na páxina web da Federación ata este domingo, día 21, ás 24 horas.…

Para saber más »
Febreiro 2018

O piñeiral de Cabanas albergará este sábado a XXXII edición do Campionato de Galicia de Campo a Través Máster

O contorno do piñeiral da Madalena de Cabanas é o escenario elixido pola Federación Galega de Atletismo para albergar a XXXII edición do Campionato de Galicia de Campo a Través Máster. Unha cita na que tomarán parte atletas de 35 anos en adiante, sen límite, e que se celebrará este sábado, 10 de febreiro, pola tarde. Este evento deportivo está organizado pola Federación Galega de Atletismo e nel colabora activamente o Concello, a través da Concellería de Deportes, e a…

Para saber más »
+ Exportar Eventos

Start typing and press Enter to search

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies