Localización

O Concello de Cabanas atópase na marxe dereita, da desembocadura do río Eume, o máis grande dos Golfo Ártabro. O seu réxime fluvial é atlántico, tendo os seus maiores crecidas no inverno e estiaxe no verán.

Outros ríos de menor entidade son o Castro e o Vetín, onde se asentaron muíños e batanes. Cabanas é o único concello, que linda coa ría de Ares. Os seus límites son ao NE. A Capela e ao N. Fene,  ao SE. Monfero e ao S. Pontedeume.

O clima é atlántico, con choivas frecuentes no outono e inverno, e temperaturas moderadas, e veráns suaves. Isto fai que a vexetación sexa verde todo o ano.

Desde os límites das parroquias de Regüela e Soaserra, vai descendendo o terreo ata as praias da Madalena e Chamoso, e a canle do Eume, que deixou o seu canón granítico e as suas fragas. A vexetación autóctona é de tipo atlántico carballos (como o de Soaserra), castiñeiros, e gran variedade de froiteiras, así como árbores ornamentais como camelios e magnolios. Esta paisaxe rural, compóñeno leiras de cultivo de horta, millo, forraxes e froiteiras, e nas partes altas e cara ao curso do Eume, plantáronse eucaliptos. Antigamente había viñedos e lagares para sidra, como ocorría na parte baixa na parroquia de Eiris, rica en viñedo e froita, do mesmo xeito que noutras zonas como Ferrol.

Cabanas é paso obrigado entre Pontedeume a Ferrol, e a través da súa ponte, cordón umbilical de comunicación para as xentes que van ou veñen. A outra ponte é hoxe o da autovía. Unha terceira, é a que polos anos dez, do pasado século, fíxose para o ferrocarril de Betanzos a Ferrol, todo un símbolo, apoiada na praia da Madalena.

A poboación de Cabanas compóñena 3.259 habitantes (correspondente ao censo INE 2016), distribuídos en sete parroquias e 60 entidades de poboación, en pouco máis de 30 km cadrados.

 

Start typing and press Enter to search

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies