Cabanas a Fraga Feita Mar. Posicionamento Estratéxico
Todos aqueles que coñecen en profundidade o Concello de Cabanas…a súa contorna natural, a súa costa e o seu interior, as súas xentes, a súa gastronomía…non poden facer outra cousa máis que enxalzar a beleza e a conservación dos seus espazos naturais, e á vez, constatar que son poucos territorios os que poden concentrar tanta diversidade natural e de tal importancia ambiental. Non podemos esquecer que unha parte considerable destes espazos integran un parque natural de importancia comunitaria (As Fragas do Eume) onde existen ecosistemas hoxe únicos e singulares en Europa
Nosa prioridade é, e será o desenvolvemento sustentable… este obxectivo engadido á vontade de dar a coñecer a potencialidade turística do noso Concello, foi o que nos motivou a presentar no Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Artabro Norte (do que Cabanas é membro integrante) un innovador proxecto xurdido despois de analizar as fortalezas e debilidades do noso territorio, e de valorar a posibilidade de aplicar novas tecnoloxías da información e comunicación, sendo conscientes da súa importancia para o sector económico e turístico actualmente.
Así naceu o proxecto “Cabanas A Fraga Feita Mar. Posicicionamiento Estratéxico” financiado pola Unión Europea, concretamente por o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) a través da Consellería do Mar (Xunta de Galicia).
Este proxecto viñémolo desenvolvendo ao longo de 2016 e en o 2017. Para poñelo en marcha traballamos en varias liñas de actuación entre elas: o posicionamento estratéxico on-line, mediante ferramentas web e TIC, a promoción do produto turístico de Cabanas mediante folletos turísticos.
Prestaremos especial atención á formación e divulgación dunha parte dos grupos de interese local: escolares, mulleres e hostaleiros do Concello de Cabanas. E completaremos estas actuacións coa divulgación e posicionamento para outros grupos de interese doutros ámbitos (visitantes e turistas).
O proxecto inclúe diversas actividades, algunhas delas xa foron desenvolvidas e outras o están sendo nestes momentos entre elas:
- Creación dun Manual de Imaxe Institucional,
- Inventarización da Rede Turística (Hostalería e Comercio) de Cabanas
- Xeración dun Arquivo Fotográfico Dixitalizado
- Deseño e desenvolvemento de Materiais Audiovisuais
- Deseño e impresión de Folletos Turísticos divulgativos
- Creación e posta en marcha da Web do proxecto
- Creación e dinamización das redes sociais propias
- Xornadas de Divulgación e Formación do proxecto no ámbito local
- Xornadas de Divulgación do proxecto (Posicionamento Estratéxico) no ámbito nacional